Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un home resulta ferido de consideración ao caer dunha escada nunha panadaría en Portomarín

Un home sufriu feridas de consideración esta mañá tras caer dunha escada desde unha altura de catro metros en Portomarín.

Os feitos sucederon nunha panadaría, na Avenida de Sarria.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente laboral a través dunha persoa particular, ás once e cuarto.

Axiña, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata unha zona próxima ao lugar dos feitos un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido.

Tamén, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil de Portomarín, para colaborar co equipo médico desprazado na aeronave. Ademais, informou dos feitos ao GES de Monterroso.