Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Unha colisión entre dous vehículos en Santiago obriga a intervir aos bombeiros para liberar a un ocupante atrapado

Unha colisión entre dous coches na N-640, ao paso por San Marcos, en Santiago, deixa a un ocupante atrapado.

Así, tras recibir a alerta o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos bombeiros da cidade para liberar o ferido e facilitar a atención dos equipos médicos.

Trátase dun choque do que foron testemuñas as persoas que chamaron ao número único de emerxencias cando daban as 11:30 horas de hoxe. Segundo explicaron, o impacto entre os dous coches deixou a un ocupante atrapado polos ferros do vehículo, o que fixo necesaria a actuación dos bombeiros. Cando a persoa foi liberada, recibiu a asistencia do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para o seu traslado posterior ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Neste operativo participou, ademais, unha patrulla da Garda Civil e informouse do sinistro aos axentes da Policía Local.

facebook twitter instagram