Boletín Informativo das 13:00 horas do día 17/05/2022
Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas
A Unidade de Drons da AXEGA colabora na busca dun home desaparecido na Pastoriza
O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) colabora coa Garda Civil nun operativo de busca para dar cun home que desapareceu na Pastoriza.
Deste xeito, a unidade da AXEGA intervén nun operativo que foi activado a última hora da tarde de onte, ao recibirse no 112 Galicia a información da falta do home nese momento, a través dunha persoa da súa contorna.
A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron tamén a intervención do GES da Pontenova e das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Meira, Mondoñedo e Vilalba.