Boletín Informativo das 13:00 horas do día 26/05/2022
Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas
Unha menor resulta ferida ao caer pola fiestra dun primeiro piso en Ferrol
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a unha menor con lesións de diversa consideración como consecuencia dunha caída de altura.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, a afectada precipitouse pola ventá dun primeiro piso no concello coruñés de Ferrol poucos minutos antes das once horas.
Así, acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender á menor, que, finalmente, foi trasladada ao Hospital Arquitecto Marcide.
Ademais, co fin de coñecer as circunstancias que motivaron este suceso, ata o lugar acudiron os axentes da Policía Local e Nacional.