Boletín Informativo das 13:00 horas do día 21/06/2022
Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas
Unha persoa necesita aos bombeiros para saír dun coche accidentado en Santiago
Un impacto lateral entre dous coches en Santiago deixou a unha persoa atrapada.
O accidente produciuse ás 10:30 horas de hoxe na N-525, en Marrozos.
Tal e como explicou unha testemuña do accidente a través da súa comunicación co 112 Galicia, o golpe entre os dous coches produciuse polo lateral, o que deixou a unha persoa atrapada dentro. Por iso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Santiago, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co fin de ofrecer á persoa ferida os primeiros coidados antes do seu traslado.
Tamén foron informados os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.