Boletín Informativo das 13:00 horas do día 24/11/2022
Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas
Un operario faleceu ao caerlle enriba un bloque de aceiro de grandes dimensións nun estaleiro en Vigo
Os feitos sucederon na Avenida de Beiramar, ao fío das 11:00 horas.
Foi nese momento cando o 112 Galicia recibiu a alerta do accidente laboral, a través dunha persoa particular. Segundo indicaba, o operario retiraba a carga dun camión cando o bloque lle caeu enriba e quedara atrapado.
De xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo, da Policía Nacional, da Garda Civil e da Autoridade Portuaria.
Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do operario.