Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Cae a un patio interno desde un segundo piso cando limpaba os cristais en Vigo

A alerta recibiuse no 112 Galicia pouco antes das once desta mañá a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Para colaborar co equipo médico, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos axentes da Policía Nacional e Local, que acudiron ao lugar dos feitos, na Rúa Pateira, parroquia de Lavadores.

Segundo a información recollida esta mañá, a persoa ferida atopábase limpando os cristais cando se precipitou a un patio interior desde un segundo piso. A veciña que alertou aos servizos de emerxencias asegurou que a afectada estaba con vida, pero necesitaba asistencia médica urxente.

Rescate dunha persoa caída no seu domicilio en Ferrol
Ademais, no mesmo epígrafe de accidentes no ámbito doméstico, cómpre salientar un aviso recibido este mediodía no 112 Galicia por unha muller caída no interior do seu domicilio en Ferrol. Podía ter unha brazo roto, o que lle impedía moverse. 

Unha veciña do mesmo inmoble, situado na Rúa Aviador Piñeiro, decatouse do que acontecía, sorprendida polos berros de auxilio. Isto permitiulle chamar canto antes ao 112 e solicitar asistencia urxente. 

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos bombeiros da cidade, como tamén dos axentes da Policía Local e Nacional.

É importante sinalar que a persoa ferida tiña postas as chaves por dentro da porta, o que dificulta aínda máis o acceso en caso de emerxencia.

facebook twitter instagram