Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un operario faleceu en Quiroga ao caerlle unha árbore enriba nunha leira

Sucedeu no lugar das Covas, uns minutos despois das 10:30 horas desta mañá.

Nese momento, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do accidente laboral.

A partir de aí, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte de Lemos, do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, da Garda Civil, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Quiroga.

Os servizos de emerxencias mobilizados liberaron o corpo sen vida do operario, que quedou atrapado debaixo da árbore.

Os servizos de emerxencia localizan a unha muller falecida no coche que quedou debaixo do remolque do camión no accidente de Vilamartín de Valdeorras

Así o confirmou a Garda Civil de Tráfico ao 112 Galicia, tras a comprobación  do interior do vehículo. Os Bombeiros de Valdeorras utilizaron o material de excarceración para liberar o corpo sen vida da muller. Tamén, retiraron da vía de circulación os porcos que cargaba o camión.

O sinistro produciuse ao colidir un camión que cargaba porcos con dous coches. Un deles rematou debaixo do remolque do vehículo que transportaba animais, no punto quilométrico 464 da N-120.

O 112 Galicia tivo coñecemento deste accidente de tráfico, que se saldou con dúas persoas falecidas e tres feridas, uns minutos antes das 7:00 horas desta mañá.

De xeito inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, dos Bombeiros e GES de Valdeorras, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Ademais, púxose a situación en coñecemento do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), para prestar apoio aos familiares das vítimas.

facebook twitter instagram