Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Unha muller resultou ferida en Vigo despois de caer unha árbore sobre o vehículo que conducía

A muller circulaba pola Avenida da Gran Vía, á altura do número 108, cando a árbore caeu sobre o seu vehículo.

Foi precisa a intervención dos Bombeiros de Vigo para evacuar á condutora, que quedou atrapada no interior do turismo.

Sucedeu sobre as 12:15 horas deste mediodía. Un particular contactaba co 112 Galicia para informar do suceso. Indicaba que unha árbore caera sobre un coche que ía circulando e que había unha muller ferida e atrapada no interior do vehículo. 

Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo, á Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. 

Unha vez liberada a condutora, os profesionais sanitarios confirmaron o traslado da muller ferida ao centro hospitalario de referencia.  

 

facebook twitter instagram