Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Un home foi trasladado despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba en Miño

A máquina agrícola envorcou nunha leira da parroquia de Carantoña.

Segundo indicou o alertador dos feitos ao 112 Galicia, ao fío das 17:30 horas, aínda que o condutor estaba liberado e accesible, necesitaba asistencia médica.

Axiña desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, dos Bombeiros de Betanzos e da Garda Civil.

Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Betanzos confirmaron ao 112 Galicia que o home foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

facebook twitter instagram