Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Dúas persoas feridas, unha delas excarcerada, tras saírse da vía e envorcar o vehículo en Fene

O accidente ocorreu na N-651, quilómetro 29, en Chamoso, á altura do cuartel da Garda Civil, no concello coruñés de Fene.

Pasaban dez minutos das dúas deste mediodía cando un particular informou dos feitos ao 112 Galicia. Indicaba que un coche envorcara e que había dúas persoas no seu interior.

De inmediato, desde o 112 pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Ferrol. Tamén foron informados os axentes da Policía Local, os membros do GES de Mugardos e o persoal de mantemento da vía. No punto, os axentes de Tráfico confirmaron que unha persoa estaba atrapada no interior do vehículo. 

Tras excarcerar ao ferido, os membros do GES comunicaron ao 112 Galicia que, finalmente, foron dúas persoas as que resultaron feridas e que unha delas tivo que ser excarcerada.

Nai e fillo trasladados en Bergondo
Tamén, ao fío das catro desta tarde, o 112 Galicia era informado doutro accidente. Neste caso, tratouse dunha colisión entre dous vehículos que circulaban pola Calle De La Parroquia Cortinan, en Santa Marta de Babío, no concello de Bergondo. Nun dos vehículos viaxaban unha muller e o seu fillo, que tiveron que ser evacuados.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, o menor foi trasladado ao Materno Infantil da Coruña e a súa nai ao Hospital San Rafael, tamén da Coruña.

Nada mais recibir o aviso dun particular, que advertía que nun dos coches había unha muller ferida, os xestores do 112 informaron decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén aos axentes de Tráfico e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito, foron avisados os Bombeiros de Betanzos, que tamén se desprazaron ao punto.

facebook twitter instagram