Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

O equipo de drons da AXEGA colabora na busca dun home desaparecido no concello Monterrei

A Unidade de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) participa a esta hora na busca dun home desaparecido no concello ourensán de Monterrei.

Os xestores do 112 Galicia nada máis ser informados do suceso polos axentes da Garda Civil, pasadas as tres da tarde, puxeron a situación en coñecemento dos membros do GES de Laza, do persoal do Servizo Municipal de Ourense e dos voluntarios de Protección Civil da localidade, de Xinzo de Limia e de Verín. Ademais, as aeronaves da AXEGA sumáronse ao operativo que coordina en todo intre pola Garda Civil.

Nestes intres, mantense un operativo no que traballan os servizos de emerxencias para tratar de localizar ao home desaparecido.