Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Un home foi trasladado logo de envorcar o coche no que circulaba en Tui

Un home resultou ferido esta tarde en Tui despois de que o turismo no que viaxaba rematase envorcado.

O accidente produciuse na A-55, á altura do punto quilométrico 26 e, segundo a información recollida no 112 Galicia, o varón e único ocupante do coche puido saír polos seus propios medios do interior do vehículo.

Foron varias as persoas particulares que contactaron co 112 Galicia, ao fío das tres e media, para alertar do sinistro e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Baixo Miño, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da autovía.

Xa no lugar dos feitos, os servizos sanitarios atenderon ao home accidentado e, posteriormente, trasladárono ao Hospital Álvaro Cunqueiro.