Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Un neno foi liberado polos Bombeiros ao quedarlle atrapada unha man na bisagra dunha porta en Vigo

Os Bombeiros de Vigo prestaron asistencia a un neno ao que lle quedou unha man atrapada na bisagra dunha porta nunha vivenda da cidade olívica.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vigo liberaron a man do meniño e, posteriormente, o menor foi trasladado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nunha ambulancia ata un centro médico.

Os feitos sucederon no Barrio de Luz, moi preto das cinco e media desta tarde. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta da situación do neno e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Vigo, aos axentes da Policía Nacional e Local e a Protección Civil.

facebook twitter instagram