Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Un tractorista perdeu a vida tras envorcar o vehículo que manexaba en A Gudiña

O condutor dun tractor faleceu esta tarde tras envorcar o seu vehículo cando circulaba polo lugar de San Lourenzo, no concello ourensán de A Gudiña.

Como consecuencia do envorco, a vítima quedou atrapada baixo o vehículo, polo que foi necesaria a intervención dos membros do GES da cidade para liberala.

A alerta sobre este suceso recibiuse no 112 Galicia ás 16:30 horas mediante un aviso dos axentes da Garda Civil de Ourense, que recibiron a información a través de familiares do home. Segundo o seu relato, o varón foi atopado nunha leira, atrapado debaixo do vehículo agrícola. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia pasou aviso ao GES de A Gudiña para poder liberar á vítima e facilitar a atención aos profesionais sanitarios.

Desafortunadamente, unha vez no lugar, os equipos de emerxencias soamente puideron confirmar o falecemento do tractorista. 

facebook twitter instagram