Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Unha persoa trasladada despois dunha colisión múltiple en Ferrol

Unha persoa tivo que ser trasladada logo de producirse unha colisión na que se viron implicados ata sete vehículos, dous que ían circulando e outros cinco que estaban estacionados, en Ferrol.

Foi un particular quen, pasadas as catro e media da tarde, informou ao 112 Galicia dunha colisión entre dous vehículos no cruce da rúa Fontaíña coa rúa San Salvador. Deseguido, varios particulares máis puxéronse en contacto co CIAE 112 Galicia para indicar que había máis coches afectados polo sinistro e que podería haber algunha persoa ferida.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia deron aviso aos servizos sanitarios, á Policía Local de Ferrol e, por se fose precisa a súa intervención, tamén se notificou o accidente aos Bombeiros de Ferrol e a Protección Civil da localidade.

Xa no punto, os axentes da Policía desprazados ata o lugar, confirmaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) que na colisión se viran implicados dous turismos que ían pola estrada e cinco que estaban estacionados.

Finalmente, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 comunicou que tiveran que trasladar a unha persoa.

facebook twitter instagram