Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Unha muller foi trasladada despois de inhalar fume ao arder unha tixola na cociña dunha vivenda en Sada

Unha muller necesitou asistencia esta tarde ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume despois de que ardese unha tixola na cociña dunha vivenda en Sada.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a muller foi trasladada polos servizos sanitarios ao Punto de Atención Continuada da localidade.

Os feitos sucederon ao fío das cinco na Avenida Xoán Vicente Viqueira. Foi a esa hora cando a propia muller contactou co 112 Galicia para alertar de que se lle queimara unha tixola e había moito fume na vivenda.

De xeito inmediato, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Policía Local.

facebook twitter instagram