Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Unha persoa foi excarcerada despois de que o coche no que circulaba caese por un desnivel no Carballiño

Unha persoa que circulaba nun coche resultou ferida esta tarde despois de que o vehículo caese por un desnivel duns vinte metros no Barón, no termo municipal ourensán do Carballiño.

Concretamente, o accidente tivo lugar na OU-504, ao fío das tres. Foi a esa hora cando o 112 Galicia recibiu a alerta do sinistro a través dunha persoa particular.

Axiña, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, do Servizo Municipal de Protección Civil e dos Bombeiros do Carballiño, que excarceraron á vítima e colaboraron no trasladado da persoa ferida ata a ambulancia desprazada.

facebook twitter instagram