Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Falece un traballador en Poio ao sufrir unha caída desde un tellado

Un operario perdeu a vida, esta tarde, despois de caer desde un tellado, na Avenida de Barca, en Poio.

O 112 Galicia recibiu, ás 14:45 horas, a chamada dun particular que relataba o accidente laboral producido ao estar facendo, o traballador, tarefas de reparación dun tellado. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertouse aos servizos sanitarios, á Policía Local, á Garda Civil e aos membros do GES de Sanxenxo e de Protección Civil do concello.

Malia os esforzos no lugar, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 tan só puideron confirmar o falecemento do traballador.

facebook twitter instagram