Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Un atropelo dunha moto a un peón no Grove sáldase con dúas persoas feridas

Os dous feridos, o condutor do ciclomotor e o peón foron evacuados polos servizos sanitarios, un deles en helicóptero.

Ao fío das 16:00 horas desta tarde, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 daba conta do suceso ao 112 Galicia. Indicaban que un motorista atropelara a un peón na EP-9101, punto quilométrico 0.500, en Campos, no concello pontevedrés do Grove, e que o helicóptero medicalizado con base en Santiago se desprazaba ata o lugar dos feitos.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, ao GES de Sanxenxo e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Finalmente, os servizos sanitarios confirmaron ao 112 Galicia o traslado dun dos feridos na aeronave, a outra persoa ferida foi evacuada nunha ambulancia.  

facebook twitter instagram