Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Os axentes da Policía Local rescataron unha muller da auga no paseo marítimo de Cambados

A continuación, foi atendida polo persoal sanitario. Os membros de Protección Civil de Cambados colaboraron para trasladar á implicada en padiola ata a ambulancia.

Faltaban minutos para as 17 horas cando o 112 Galicia tivo constancia de que había unha persoa na auga na zona do paseo marítimo de Cambados.

Axiña, os xestores do 112 informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, á Policía Local e aos membros de Protección Civil de Cambados.

Os servizos de emerxencias desprazáronse en cuestión de minutos ata o paseo marítimo, onde os axentes da Policía Local conseguiron rescatar á persoa da auga e levala en padiola ata a ambulancia, en colaboración cos membros de Protección Civil do municipio. Alí foi atendida polo persoal sanitario.

facebook twitter instagram