Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Un motorista, en UVI ao Hospital de Montecelo tras sufrir unha caída en Bueu

Unha das persoas que chamou ao 112 Galicia asegurou que o condutor perdeu a consciencia tras o golpe.

Ocorreu na Avenida Montero Ríos, en Bueu, preto das catro desta tarde. Varias persoas contactaron a esa hora co número único de emerxencias para pedir axuda urxente, pois pensaban que o motorista estaba ferido grave. 

Con esta información, os xestores do 112 avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes de seguridade da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, o equipo sanitario confirmou que o condutor da moto foi trasladado por unha UVI móbil ao Hospital de Montecelo en Pontevedra. 

facebook twitter instagram