Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Un home faleceu ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba logo de sufrir unha saída de vía en Riós

Os feitos sucederon nunha pista asfaltada que une a N-525 co lugar de Rubiós, cando o home perdeu o control do vehículo e saíuse da vía pola marxe esquerda, o que provocou que o tractor envorcase.

Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao varón,  que quedou atrapado. Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Verín para liberalo.

Uns minutos antes das 15:45 horas, o 112 Galicia recibía a alerta do accidente a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar do sinistro. Tamén acudiron, tras ser requirida a súa intervención polo 112 Galicia, ademais dos Bombeiros de Verín, os efectivos do GES da Gudiña, os axentes da Garda Civil e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riós.

facebook twitter instagram