Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Perecen seis dos sete gatos nunha vivenda en Ferrol tras producirse un incendio

Afortunadamente non se rexistraron danos persoais, sen embargo, segundo indicaron os Bombeiros ao 112, seis dos sete gatos que residían na vivenda pereceron, posiblemente,  por intoxicación do fume que provocaron as lapas.

Unha persoa particular contactaba sobre as catro e cuarto desta tarde co 112 Galicia. Indicaba que escoitaba a unha persoa pedir axuda, reclamaba aos Bombeiros, pero non apreciaba nada. Ao mesmo tempo, outro alertador informaba aos xestores de emerxencias de ver saír fume pola fiestra dun piso, dun edificio de catro plantas situado na Rúa Concepción Areal, visible dende a Rúa da Terra,  en Ferrol. Descoñecía si había persoas afectadas.

Con estes datos, desde o 112 Galicia  púxose en marcha un operativo no que participaron os Bombeiros de Ferrol, a Policía Local e Nacional e os efectivos de Protección Civil da localidade. Ademais, foron informados os servizos sanitarios de urxencia por se fose precisa a súa intervención nalgún momento.

Unha vez no lugar e sufocadas as lapas, os Bombeiros indicaron que arderan mobles, roupa e outros materiais dunha habitación e que toda a vivenda resultara afectada polo fume. Ademais, relataron que, aínda que afortunadamente non houbo persoas afectadas, tan só se puidera salvar un dos sete gatos que había na vivenda, tal vez, pereceron a causa da fumareda provocada polas chamas.

Polo momento, os profesionais de extinción descoñecen as causas que orixinaron o lume, aínda que todo indica que unha vela puido ser a orixe do lume.

facebook twitter instagram