Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Unha persoa resulta ferida despois de bater o vehículo no que viaxaba contra un muro en Padrón

O accidente ocorreu sobre as dúas deste mediodía e unicamente unha persoa tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios. 

Foi precisamente o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen informou ao 112 Galicia deste accidente. Indicaban que se trataba dunha saída de vía e caída por un terraplén no lugar de Cortiñas, en Herbón e coa posibilidade de persoas feridas e atrapadas no interior do vehículo.

De inmediato, os xestores do 112 pasaron aviso aos membros do GES de Padrón e aos Bombeiros de Boiro, así como aos axentes de Tráfico e da Policía Local. Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Ribeira e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade. 

Unha vez no lugar, os membros do GES comunicaron que se tratara dun vehículo que, despois de saírse da vía batera contra un muro, pero que non chegara a precipitarse polo desnivel. Iso si, aseguraron que unha persoa tivera que ser derivada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios. 

 

facebook twitter instagram