Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Un home foi trasladado en helicóptero tras caer dun muro en Noia

Un varón necesitou asistencia sanitaria este mediodía ao precipitarse dun muro, en Noia, mentres estaba podando.

Foi a chamada dun particular que alertaba dos feitos ao 112 Galicia ás 13:15 horas. Segundo indicaba o informante, o home, de avanzada idade, estaba podando e caeu dun muro.

De seguido, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron o helicóptero medicalizado ata o lugar dos feitos para prestar axuda ao home e trasladalo, finalmente, ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.

Cómpre sinalar que neste operativo tamén interviñeron os efectivos do GES de Noia, a Policía Local e os membros de Protección Civil de Noia.

Rescatan a dúas persoas da auga na praia do Orzán en A Coruña

Dúas persoas foron rescatadas da auga esta tarde na praia do Orzán, en A Coruña.

Ao fío das 18:45 horas da tarde, un particular informa ao 112 Galicia de que dúas persoas que se atopaban en dificultades, estaban sendo retiradas da auga. Decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron en alerta ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061,  aos Servizos de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia e aos axentes da Policía Nacional e Local.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia, finalmente, os dous bañistas foron traslados ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.

facebook twitter instagram