Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Un pai rescata a súa filla da auga en Arteixo e remata exhausto

A pequena estaba a ser arrastrada pola corrente na Praia Barrañán, en Arteixo.

Seu pai e outros familiares lanzáronse á auga para rescatala, e conseguiron sacala. Sen embargo, o proxenitor necesitou asistencia médica porque rematou fatigado e con vómitos pola inxesta de auga.

Así, tras o aviso dos axentes da Policía Nacional, preto das seis desta tarde, os xestores do 112 Galicia puxeron en marcha os protocolos necesarios para a activación de recursos médicos, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e a Policía Local.

Tamén foron informados os medios de Salvamento Marítimo, pero ninguén quedaba na auga xa, despois do rescate da menor.

 

facebook twitter instagram