Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

A salvo boa parte do gando dunha nave de Maceda ao atoparse fóra da instalación cando comezou a arder

Dentro das instalacións había unha vaca e dous cuxos, que son as únicas vítimas deste incendio, que aínda continúa activo.

A forte carga térmica, coa cantidade de herba seca que se acumula no interior, prolonga os traballos de extinción, pois é necesario sacar o material, arrefriar e apagar.

Desde as nove desta mañá, cando se activou a alarma no 112 Galicia, operan no lugar dos feitos, As Chás, varias dotacións entre Bombeiros de San Cibrao, GES de Maceda, Protección Civil, Central de Incendios Forestais da zona e Protección Civil de Parada de Sil, xunto cos axentes da Garda Civil.

Aínda que o incendio está baixo control, as tarefas para sufocalo poden duran horas debido á forte carga térmica. Con todo, e malia que se perderon tres exemplares, o groso do gando salvouse do incendio por estar fóra da instalación no momento no que se produciu o suceso.

De momento, continuarán os medios no punto.

facebook twitter instagram