Boletín Informativo das 19:00 horas do día 20/11/2023
Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas
Dúas persoas resultaron feridas tras ser alcanzadas por un vehículo en Betanzos
Ambas as dúas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse na Rúa Fraga Iribarne, á altura do Parque do Pasatempo, cando faltaban uns minutos para as sete desta tarde.
Así o explicaron as persoas que utilizaron o número único de emerxencias para solicitar asistencia para dúas persoas que foran alcanzadas por un vehículo.
Se ben as dúas estaban liberadas e accesibles, necesitaban atención sanitaria de urxencia debido ás lesións provocadas polo golpe. Deste xeito, os xestores do 112 pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen, posteriormente, trasladaron aos feridos ao Hospital da Coruña.
Tamén interviñeron os axentes da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Betanzos e Miño.