Escuchar

Os peliqueiros de Laza, os cigarróns de Verín, as pantallas de Xinzo e así un fin de eventos culturais, musicais e de lecer que encherán de notas de cor cada recuncho de Galicia. Desde o 112 Galicia, convidámoste a que botes unha ollada á programación cultural e festeira prevista e que, escollas a opción que escollas, pensa que sempre o poderás pasar mellor se lle pos algo de sentidiño. Para axudarche nesta tarefa, quédate con estas recomendacións que cremos que che resultaran de moita utilidade para garantir a túa seguridade e a dos teus. Cando asistimos a un acto multitudianario o primeiro que debemos facer é comprobar que o recinto conta con todas as medidas de seguridade. Ademais, 

  • Comprobaremos e memorizamos as saídas de emerxencia, xa que no caso de ter que abandonar o lugar, debemos empregar a que estea máis preto de nós
  • Comprobamos se hai barreiras, sinais de dirección ou altofalantes a través dos que a organización poida dar indicacións sobre a onde dirixirnos en caso de emerxencia
  • No caso de ter que evacuar o recinto, facémolo de forma ordenada sen correr, seguindo as indicacións do persoal de seguridade. Calma. Non perdemos o tempo recollendo as túas pertenzas​
  • Se vemos algún obxecto sospeitoso afastámonos del, evitamos que outras persoas se acheguen e, sen tocalo, avisamos axiña ás forzas de seguridade
  • Non estaría de máis que establecésemos algún lugar de reunión cos nosos acompañantes.
  • Se vas con nenos ou maiores non os perdas de vista.