Escuchar
Adverso laranxa: Costeiro

As condicións no mar fan que adoptemos as medidas de protección necesarias para reducir riscos. Pensa que este fenómeno adverso pode dar lugar a situacións de perigo.

Que podemos esperar? 

  • Forte ondada
  • Pequenas embarcacións ou outras estruturas marítimas á deriva
  • Desbordamentos puntuais pola crecida da marea
  • Obxectos e mobiliario urbano que pode ser arrastrado polo mar

Por iso, desde o 112 Galicia, pedimos que sigas atentamente estas indicacións:

  • Afástate de praias, paseos marítimos, rompentes ou diques
  • Evita navegar, nadar ou practicar deportes acuáticos
  • Non te deteñas para sacar fotografías
  • Asegura a túa embarcación