
- Usa roupa lixeira, lentes de sol, sombreiro e non escatimes en cremas de protección solar
- Na casa, durante o día, pecha as fiestras e baixa as persianas
- Se tes que saír, evita as horas centrais do día e de maior exposición solar
- Reduce a actividade física
- Hidrátate, aínda que non teñas sede
- Recorda que os menores, enfermos crónicos e maiores necesitan extra hidratación
- Opta por beber auga e/ou bebidas con electrólitos con frecuencia
- Evita as bebidas con cafeína, xa que aumentan a frecuencia cardíaca
- Elixe comidas lixeiras e asegúrate de que os alimentos estean en bo estado
- No coche, busca un lugar á sombra
- Cando estaciones, non deixes no interior aos menores, anciáns nin ás mascotas coas xanelas pechadas