Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 25 Agosto, 2019

Os servizos de emerxencias recuperaron o corpo sen vida dun home que apareceu no peirado do Xufre, na Illa de Arousa.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o cadáver foi localizado pasadas as oito da tarde de onte cando flotaba na auga a carón dunha enbarcación. Malia a que o persoal do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos efectivos de Salvamento Marítimo, apenas necesitaron estes recursos, pois os axentes da Policía Local puideron acceder desde terra ao cadáver e sacalo da auga.

Do mesmo xeito, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios, mais xa nada puideron facer por salvar a vida do home.

Pola súa banda, os axentes, xunto cos membros da Garda Civil desprazados ao lugar do suceso, tratan de aclarar as causas da morte.

facebook twitter instagram