Escoitar
martes, 4 Maio, 2021

Os servizos de emerxencias rescataron a pasada tarde o corpo sen vida dun home que foi localizado nunha zona rochosa no paseo marítimo da Coruña, concretamente na zona de San Roque.

Foi ao fío das oito cando o 112 Galicia recibiu a alerta por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse o aviso ao Grupo Acuático dos Bombeiros da Coruña, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Policía Nacional e Local, que tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.