Escuchar
domingo, 14 Outubro, 2018

Os servizos de emerxencias traballan arestora na extinción dun lume declarado no interior dunha nave industrial en San Cibrao das Viñas.

Foron varios os particulares que percibiron o fume e chamaron ao 112 Galicia cando ían dar as sete desta tarde. A partir de aí, activouse un operativo no que participan os bombeiros do Polígono e ao que se foron sumando os membros do GES de Pereiro de Aguiar e unha dotación dos Bombeiros de Ourense, aínda que non se descarta que se poidan unir máis medios e recursos.

Os efectivos de emerxencias que xa traballan no punto indican que hai preto outra nave de electrodomésticos, que, de momento, non resultou afectada. Tampouco hai constancia de danos persoais.