Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 19 Xuño, 2021

Un raio foi a causa que orixinou un incendio nunha vivenda de Vilardevós, en A Devesa Rúa Italiana. Así o indicaron os servizos de emerxencias que se desprazaron ata o lugar nada mais ser informados polo 112 Galicia.

Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais e unicamente ardeu o diferencial da casa situado no baixo da vivenda, véndose afectado algo do tellado.

Ocorreu sobre as dez e cuarto da noite pasada. Foi a esa hora cando os mesmos ocupantes da vivenda comunicaban ao 112 Galicia que vían saír fume do baixo pero que se atopaban nunha zona lonxe do lume e que podían saír da vivenda sen problema.

Decontado, nada mais ter constancia do lume, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Verín, da Garda Civil e de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os membros do GES da Gudiña, o servizo provincial de incendios e o persoal da empresa de electricidade que abastece a zona.

facebook twitter instagram