Escoitar
sábado, 27 Novembro, 2021

Un incendio declarado nunha casa de tres andares en Culleredo deixou a vivenda totalmente calcinada, sen que se rexistrasen danos persoais.

Concretamente, os feitos sucederon no lugar de Peiro de Abaixo, na parroquia de Veiga, ao fío das catro e cuarto da pasada noite.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para dar conta do lume e, a partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Arteixo e de Betanzos, da Garda Civil, da Policía Local e de medios forestais.