Imaxe escoitar Escoitar
venres, 22 Outubro, 2021

Os servizos de emerxencia extinguiron un incendio que calcinou por completo unha casa de madeira no lugar de Merí, en Xunqueira de Ambía, e chegou a afectar a un alpendre anexo, sen que se rexistrasen danos persoais.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o lume que arrasou a vivenda, que constaba de dous andares, declarouse no salón da casa.

Foron varias persoas particulares as que alertaron do incendio ao 112 Galicia, ao fío da unha da tarde.

Axiña, ata o lugar acudiron, tras ser alertados polo persoal do CIAE 112 Galicia, os Bombeiros de Xinzo de Limia e do Polígono de San Cibrao das Viñas, os efectivos do GES de Maceda, os axentes da Garda Civil, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xunqueira de Ambía e medios forestais.

facebook twitter instagram