Ningunha persoa resultou ferida, nin tampouco os animais que se atopaban no interior da construción.
Os Bombeiros de Verín acudiron ao lugar de Tamaguelos para extinguir o lume, que calcinou parte do tellado do alpendre e queimou varios rolos de herba seca.
O 112 Galicia tivo coñecemento do incendio uns minutos despois das 19:30 horas da pasada tarde, a través de varias persoas particulares.
A partir de aí, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Verín, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.
Arden por completo dous vehículos en Folgoso do Courel
Un furgón e un coche arderon completamente a pasada noite no lugar do Mazo, na parroquia de Meiraos, sen que ningunha persoa resultase ferida.
Ocorreu ao fío das 02:00 horas. Nese momento, varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do incendio. Segundo indicaban, o lume tamén afectaba ao monte.
De xeito inmediato, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, da Garda Civil e dos medios do distrito forestal da zona.
Segundo confirmaron os membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel ao 112 Galicia, arderon completamente dous vehículos, sen que chegase a afectar ao monte.