Escuchar
domingo, 9 Setembro, 2018

Un incendio declarado esta madrugada nun pendello no Carballiño provocou danos no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou un tractor e diversa maquinaria agrícola.

Os feitos ocorreron no lugar de Bouteiro, na parroquia de Sagra, ao fío das 3:10 horas.

Unha persoa particular alertaba do incendio ao 112 Galicia e, de inmediato, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención dos Bombeiros do Carballiño, da Garda Civil e de Protección Civil.