Escuchar
luns, 16 Xullo, 2018

Un vehículo sufriu un incendio e outros dous colidiron cando circulaban pola AP-9, en sentido Sur, ao paso pola localidade coruñesa de Ordes.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso rexistrouse minutos antes das dez desta mañá e causou problemas na circulación ao paso polo quilómetro 40 aproximadamente da autopista. Por fortuna, as lesións que sufriron os implicados no accidente foron de carácter leve, o que levou aos profesionais sanitarios a anular o servizo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Igualmente, o incendio orixinado no outro vehículo xa estaba sufocado cando chegaron os Bombeiros de Ordes, que descartaron intervir.