Escuchar
venres, 7 Decembro, 2018

Un incendio declarado nunha casa situada no lugar da Relva, no termo municipal pontevedrés do Porriño, provocou que a vivenda ardese na súa totalidade. Afortunadamente ningunha persoa resultou ferida.

Varios particulares contactaban co 112 Galicia para dar conta do lume ás 20:00 horas. Indicaban no seu relato que a casa estaba habitada.

Decontado, desde o CIAE-112 requiriron a intervención dos Bombeiros do Porriño, da Garda Civil, do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e de Protección Civil. Ademais, o persoal do 112 Galicia informou do ocorrido aos Bombeiros de Vigo.

Unha vez no lugar do incendio, os servizos de emerxencias sufocaron o lume, que deixou a vivenda completamente calcinada. Segundo puido saber o 112 Galicia, as tarefas de extinción remataron ás 23:50 horas.