Escoitar
domingo, 9 Maio, 2021

As tres persoas que saíron a pescar na tarde do venres na zona do Pindo, no concello coruñés de Carnota, foron encontrados polos servizos de emerxencia moi preto das nove horas da noite do sábado en bo estado de saúde.

Foron os familiares das persoas desaparecidas os que se puxeron en contacto co equipo de Salvamento Marítimo para solicitar axuda. Así, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos membros do GES de Muros e aos membros de Protección Civil de Carnota, Dumbria, Cee e Corcubión.

Cómpre salientar que no operativo de busca tamén participou un grupo da Cruz Vermella e dotacións da Garda Civil e da Policía Local.

Finalmente, o grupo foi atopado en bo estado de saúde polos equipos de intervención.