Escoitar
domingo, 21 Novembro, 2021

Os axentes da Policía Local comunicaban ao 112 Galicia esta tarde, ao fío das cinco, o achado.

Indicaban que a muller, falecida, foi atopada nunha zona de eucaliptos, moi preto do lugar de Rial, no concello de Trazo.

O dispositivo de busca, posto en marcha desde  a noitiña do pasado martes, estivo coordinado en todo momento polos axentes da Garda Civil e, desde ese intre, os servizos de emerxencias da localidade e da contorna traballaron arreo na procura da muller.

Ademais dos axentes da Garda Civil, da Policía Local, de persoal do Concello, de familiares e veciños, formaron parte do operativo os efectivos de Protección Civil de Oroso, de Santiago de Compostela e de Val do Dubra.

Así mesmo, participaron na busca a Unidade de Cans de Rescate de Padrón e a Unidade Operativa de drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).