Imaxe escoitar Escoitar
martes, 7 Abril, 2020

Os servizos de emerxencia atoparon falecido esta mañá, no concello lucense de Friol, a un home septuaxenario que estaba en paradoiro descoñecido desde onte. O corpo sen vida do varón foi localizado nun piñeiral próximo ao lugar da súa desaparición, en Rosende, ao redor das 8:00 horas.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia da súa desaparición ás 21:15 horas de onte a través dun veciño do home, que indicaba que faltaba da casa desde as 17:00 horas.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia informouse dos feitos á Garda Civil, que coordinou un operativo de busca no que participaron os membros da Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Friol.

facebook twitter instagram