Imaxe escoitar Escoitar
venres, 13 Decembro, 2019

Os servizos de emerxencia atoparon falecido esta mañá en Xunqueira de Espadanedo a un home septuaxenario que estaba en paradoiro descoñecido desde onte. O corpo sen vida do varón foi localizado nun río da localidade ourensá ao redor das 9:30 horas.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia da súa desaparición ás 15:30 horas de onte a través dun dos familiares do home, que indicaba que faltaba da casa desde o mediodía.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia informouse dos feitos á Garda Civil, que coordinou un operativo de busca no que participaron as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Maceda, Parada de Sil e Nogueira de Ramuín, ademáis dos efectivos do GES de Castro Caldelas.

facebook twitter instagram