Escoitar
mércores, 13 Xaneiro, 2021

Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia, foi un familiar da vítima quen deu a voz de alarma tras encontrar a muller sen vida dentro do inmoble, localizado na Rúa Baselar, na localidade de Piñeiro, no concello pontevedrés de Cangas. De acordo co relato dos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, atopáranse algúns mobles consumidos polo lume nas proximidades dunha cheminea e a cociña da vivenda estaba tomada polo fume.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 12:30 horas deste mediodía. Así, de inmediato, solicitouse a intervención do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Morrazo e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia soamente puideron confirmar o seu falecemento.

Co fin de aclarar as circunstancias do suceso, tamén avisouse aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.