Escuchar
luns, 30 Novembro, 2020

Un familiar atopou ao home falecido no interior da vivenda.

Dez minutos antes das 18:30 horas desta tarde, os servizos sanitarios contactaban co 112 Galicia para solicitar a presenza das forzas da orde para unha casa situada no Condado, en Padrenda (Ourense), para un home que acababan de atopar falecido na casa e que presentaba algunha queimadura. Indicaban, ademais, que a parte de atrás do inmoble tamén estaba queimada pero que, neses intres, non ardía nada.

Decontado, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil, que axiña se desprazaron ao punto. Ao mesmo tempo, os xestores do 112 contactaron co alertante, que segundo indicou, era un familiar que a diario asistía ao infortunado nas tarefas cotiás.

Segundo o seu relato, non ardía nada nese intre, pero si atopou a vivenda moi escura, polo que, descartouse a intervención dos Bombeiros.

Así, polo momento descoñécense as causas que motivaron o pasamento do home e que as forzas da orde tratan de esclarecer.