Escoitar
sábado, 17 Abril, 2021

Un veciño atopou a un home, residente da mesma casa da falecida desorientado na rúa, quen o levou a descubrir o achado.

Todo sucedeu sobre as 11:00 horas desta mañá, cando o alertante, a esa hora, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Solicitaba asistencia para unha muller que atopara queimada ao carón dunha estufa, nunha vivenda situada no lugar de Tarrío, no concello coruñés de Trazo. Aseguraba que había moito fume pero que, nese intre, non había incendio.

De inmediato, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha ambulancia para o lugar. Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Ordes e a Garda Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os Bombeiros comunicaron que non tiveran que intervir, posto que non había incendio.

Todo parece indicar que a estufa prendeu na roupa da muller causándolle queimaduras no corpo ás que non  logrou sobrevivir.

 

facebook twitter instagram