Escoitar
luns, 16 Maio, 2022

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) pon a disposición dos axentes da Garda Civil o equipo técnico de drons para colaborar no dispositivo de busca dunha moza desaparecida en Carballo.

O 112 Galicia recibiu na madrugada do pasado domingo a chamada dunha persoa da súa contorna para alertar da súa falta.

Tras informar aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, que xa coñecían o caso, púxose a disposición deste operativo o apoio e axuda dos voluntarios de Protección Civil de Carballo e dos cans de rescate da agrupación de Oroso.

Despois dunha xornada sen resultados, esta mañá uníronse á busca os técnicos e drons da Axencia Galega de Emerxencias, tal e como solicitaron os axentes ao mando nesta operación.

Ademais, tamén hoxe contarase coa participación do grupo canino especializado na busca de persoa, neste caso, da agrupación Casaga de Ferrol.